Alfredo Conde, Xerardo Estévez, Teresa Miras, Xosé Antonio Vilaboa e Cántigas, distinguidos

A Xunta aprobou o decreto polo que distingue, como cada ano, a galegos cuxa obra se considera "merecedora do recoñecemento". A entrega, o 28 de xuño

O coro Cantigas da Terra, fundado na Coruña; o escritor e político alaricano Alfredo Conde; o arquitecto e exalcalde de Santiago Xerardo Estévez; a bioquímica e neurocientífica Teresa Miras Portugal (O Carballiño); e o presidente da Federación Guipuscoana de Casas Rexionais, Xosé Antonio Vilaboa, natural de Forcarei, son os galardoados este ano 2016 coa Medalla Castelao.

O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se concede esta distinción a aquelas galegas e galegos cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, "considérase merecedora do recoñecemento de toda Galicia", informou a Xunta nun comunicado.

O presidente, Alberto Núñez Feijóo, trasladou a súa felicitación ás persoas e entidades recoñecidas, que cualificou como "homes e mulleres que son un exemplo vivo para as novas xeracións de galegos". Estas distincións serán entregadas, como cada ano, o día 28 de xuño.

Comentarios