Máis de duascentas persoas cercan aínda a vivenda de Aurelia

Unhas duascentas persoas, algunhas de colectivos como "Stop Desahucios", seguen concentrados fronte á casa de Aurelia Rei, a muller de 85 anos cunha orde de desafiuzamento por atrasarse varios meses no pago do aluguer, como mostra de apoio e para evitar que a octoxenaria sexa desaloxada da súa vivenda no centro da Coruña.

A muller rexeitou onte as vivendas sociais que lle ofrece a Xunta, ao entender que supón un desarraigamento do barrio no que leva residindo 30 anos.

Tras a mediación do Valedor do Pobo, a Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, propuxo á octoxenaria dous aloxamentos sociais, un no barrio de Eirís e outro en Novo Mesoiro, que rexeitou.

O colectivo Stop Desafiuzamentos ampara a reivindicación de Aurelia e permanecerá nas inmediacións do inmoble ata que exista un anuncio oficial de paralización do desafiuzamento.

Antonio Vázquez, o avogado de Aurelia, precisou que "en principio" o desafiuzamento non se producirá esta semana, polo que contempla unha marxe para negociar coa administración autonómica, á que solicitarán unha vivenda social nunha zona próxima á residencia que ocupa actualmente.

O desafiuzamento estaba previsto para o luns, pero a presión cidadá impediu que se executase por dúas veces, pese ao forte despregamento policial que no segundo dos intentos derivou en zarandeos e empuxóns aos concentrados. O caso causou gran balbordo social e por terceiro día consecutivo ao redor de duascentas persoas permanecen concetradas en fronte á vivenda de Aurelia en cálea Pai Feijóo, no centro da Coruña.

Aurelia Rei paga 126 euros mensuais de aluguer, cuns ingresos de 356 euros.

Comentarios