Máis preto de Europa

Tres expertos imparten en Santiago un seminario para xornalistas organizado polo Eixo Atlántico e a Representación da Comisión Europea en España
Seminario sobre Europa para periodistas organizado por el Eixo Atlántico
photo_camera Seminario sobre Europa para periodistas organizado por el Eixo Atlántico

Dimitri Barua, portavoz da Comisión Europea en España, abordou 'Os principais retos políticos e económicos da UE: crecemento, emprego, migración' nun seminario para xornalistas galegos desenvolvido na sede da CRTVG en San Marcos, preto de Compostela. Neste foro tamén interviñeron Katerina Fortún, da Dirección Xeral de Política Rexional da CE, que abordou 'O programa dos fondos estruturais e de investimento europeos en España e Galicia'; e Carlos de Grandis, da Dirección de Transportes da Comisión Europea, que falou sobre 'O apoio da UE para infraestruturas e conexións Galicia/Portugal co resto de Europa".

O encontro, que serviu para coñecer máis de cerca o funcionamento das institucións europeas e a incidencia dos seus fondos e políticas en Galicia, España e norte de Portugal, foi inaugurado por Antón Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, e por Fernando Ojea, director de Comunicación da Corporación de Radio e Televisión de Galicia.

Previamente a este foro, celebrado na mañá deste martes 8 de novembro, tivo lugar outro de similares características en Maia, ao que acudiron xornalistas portugueses.

Comentarios