Recollen máis de 173.000 firmas contra os colares eléctricos para adestrar cans

Asociacións animalistas cargan contra unha coñecida superficie de venda de material deportivo por ofrecer este produto 
Un perro con uno de los collares. EP
photo_camera Un perro con uno de los collares. EP

A Asociación Animalista Libera e a plataforma Familias polo Respecto Animal, xunto a máis de 173.000 firmas nunha petición na plataforma Change.orgdenunciaron o cruel uso de colares de descargas eléctricas para adestrar cans para cacerías.

Os animalistas, informa unha nota, dirixen a súa acción contra unha coñecida gran superficie de venda de material deportivo, sinalando que a través das súas tendas físicas en Galicia e da súa páxina web é posible facer esa compra a pesar de que a normativa autonómica prohiba o seu uso.

Neste sentido Fare e Libera! recordan que a Lei de Benestar Animal de 2017 cualifica como infracción grave o emprego de elementos ou ferramentas que poidan causar danos aos animais, e o uso de colares que emiten descargas pode ser sancionable con ata 5.000 euros e a inhabilitación para a tenencia de animais por un máximo de cinco anos.

Con todo ambas as plataformas denunciaron que a continuidade do seu comercio sen restricións provoca que calquera cazador poida adquirilos, ben in situ, ben a través de Internet, e utilizalo sen que exista constancia real. 

Comentarios