A Marea Veciñal de Touro denuncia un ataque contra a súa sede

Unha persoa utilizou unha pedra para romper a cristaleira e sufriu cortes ao caerlle encima

Cristal roto en la sede del colectivo. MAREA VECIÑAL DE TOURO
photo_camera Cristal roto na sede da formación. MAREA VECIÑAL DE TOURO

A Marea Veciñal de Touro denunciou este mércores un ataque contra a súa sede, cuxo autor, quen utilizou unha pedra para romper a cristaleira do local, tivo que ser trasladado ao hospital despois de que esta lle caese encima.

"Estes feitos son antidemocráticos e totalitarios e representan un sector moi minoritario da poboación, xa que a xente de Touro caracterízase por ser respectuosa e polo exercicio libre dos dereitos propios dunha sociedade democrática", afirma a formación a través dun comunicado.

A Marea Veciñal de Touro tamén lamentou que este acto "puido terminar en traxedia", xa que o autor "empregou un obxecto pesado para cargar contra a cristaleira, de grandes dimensións, e esta caeu sobre el, causándolle diversos cortes".

Ao lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil —que está a investigar o suceso— e bombeiros. O lesionado tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, segundo apunta a Marea. 

Comentarios