En Marea non se presentará ás eleccións autonómicas

O obxectivo é "non fragmentar o voto progresista"
Consello das Mareas. EN MAREA
photo_camera Logotipo de En Marea. AEP

En Marea, cuxos deputados acabaron integrando o Grupo Mixto e que estivo liderada por Luís Villares ata agora, non se presentará ás eleccións tras o anuncio do maxistrado en excedencia, esta mesma semana, da retirarse da política 

A formación política, que se constituíu en partido nas eleccións do 2016 e que foi a marca que unificou tamén aos candidatos de Podemos, Esquerda Unida e Anova nos pasados comicios, bórrase da contenda electoral despois de que, ademais, non fose posible impulsar unha candidatura ampla con forzas progresistas e soberanistas como propuña Villares. 

En Marea reuniu este venres ao seu Consello debater sobre o seu posicionamento electoral e descartou, en primeiro termo, o intento de coalición con formacións políticas como Partido Galeguista ou Compromiso por Galicia

A decisión de non presentarse, como argumenta nun comunicado tras o Consello, busca "non fragmentar" o voto da esquerda, aínda que lamenta a "falta" de consenso neste ámbito para unha "coalición ampla" e denunciou a "irresponsabilidade das formacións de situar os postos por encima dos intereses de Galicia". 

"Resulta lamentable que o arco progresista e soberanista galego non fose capaz de porse de acordo"

O Consello dás Mareas entende que non presentarse a unhas eleccións autonómicas é unha "decisión de risco para unha forza como En Marea", posto que "compromete a finalidade" en si mesma desta formación, pero sostén que se trata dun "exercicio de responsabilidade", aínda que "vaia en contra dos intereses directos" como partido. 

"Resulta lamentable que o arco progresista e soberanista galego non fose capaz de porse de acordo en articular unha fórmula que ilusionase a Galicia e fixese real unha opción de cambio no goberno da Xunta", engade o comunicado. 

Comentarios