En Marea pide desde o Congreso a paralización da venda de Meirás

Fernán Vello insta á Xunta a abandonar "toda ambigüidade"

El diputado por la provincia de Lugo Miguel Anxo Fernán Vello. AEP
photo_camera El diputado por la provincia de Lugo Miguel Anxo Fernán Vello. AEP

O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello reclamou a paralización da venda do Pazo de Meirás, que segundo subliñou debe formar parte do patrimonio público galego, e instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a abandonar "toda ambigüidade" neste asunto.

En declaracións no Congreso, Fernán Vello pediu tamén a Feijóo que "deixe de xustificar" este "roubo do século XXI" e impida que a familia Franco venda o pazo como, segundo dixo, pretende.

O deputado lucense de En Marea sinalou que co Pazo de Meirás se cometeu un "espolio, unha extorsión e un roubo", e recordou que está declarado pola Xunta Ben de Interese Cultural, polo que é un "monumento protexido" e non debería facerse "negocio" con el. "Ninguén imaxinaría unha situación semellante coa familia de Mussolini", dixo o deputado galego.