En Marea esixe a Sánchez que recupere o Pazo de Meirás antes das eleccións

Yolanda Díaz recórdalle que hai un acordo unánime do Parlamento galego que esixe a reversión a titularidade pública do pazo

Foto de archivo del Pazo de Meirás. AEP
photo_camera Pazo de Meirás. EP

A portavoz de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, reclamou este martes ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que emprenda antes de que termine a lexislatura as accións xudiciais necesarias para recuperar o Pazo de Meirás de mans da familia Franco e que este inmoble "pase ao pobo".

En declaracións antes da Xunta de Portavoces, Díaz fixo este chamamento a Sánchez para que non permita que a familia Franco siga "tomando o pelo" agora que pronto finalizará a lexislatura, tras o adianto electoral ao 28 de abril.

Recordou que hai un acordo unánime do Parlamento de Galicia esixindo reversión a titularidade pública do Pazo de Meirás, unha cuestión que tamén se pediu incluír na reforma da Lei da Memoria Histórica, que quedará en interrompida coa disolución das Cortes o próximo mes de marzo.

Por iso, instou ao Goberno a que defenda a "legalidade republicana e democrática" e emprenda as accións legais necesarias para "devolver a Galicia o que é seu".

Tanto o municipio de Sada (A Coruña), onde se atopa o pazo, como o BNG reclamaron tamén realizar os trámites necesarios para a devolución do Pazo de Meirás antes de que termine a lexislatura.

Comentarios