En Marea celebra este sábado un plenario para decidir se concorre ás eleccións

Desde a organización considera necesario "levar a transversalidade da sociedade e o debate de ideas ao debate electoral"
Consello das Mareas. EN MAREA
photo_camera Consello dás Mareas. EN MAREA

En Marea celebrará este sábado un plenario telemático extraordinario no que decidirá se concorre ás eleccións autonómicas e, de ser o caso, de que xeito, se en solitario ou en coalición. 

Tamén exploran a posibilidade de aliarse con outras plataformas municipais e partidos políticos, pondo como base que se defenda un programa electoral "baseado en combater as urxencias climática, social e feminista" que vive Galicia e "sempre empuxando por unha nova normalidade xusta e sostible". 

En Marea xa celebrou "teleasambleas" hai unhas semanas, e nelas valorouse a posibilidade de presentarse ás eleccións, despois de que a formación que ata o pasado mes de febreiro lideraba o maxistrado en excedencia Luís Villares decidise non concorrer ás eleccións do 5 de abril. 

Con todo, agora entende que cambiou o "panorama", non só político, senón tamén social e desde o punto de vista económico. Neste sentido, sostén que "non hai unha alternativa clara ao PP" e considera necesario "levar a transversalidade da sociedade e o debate de ideas ao debate electoral". 

En Marea tamén considera que a proximidade, as formacións municipais, a sustentabilidade 

Comentarios