Marcelo Tejedor, oitavo finalista de 'Chef Millesime'

O cociñeiro galego, Marcelo Tejedor figura entre os oito finalistas ao premio ''Chef Millesime'', que recoñece a traxectoria de profesionais de distintos puntos de España, segundo informaron hoxe os organizadores do premio.

Tejedor, propietario do restaurante Casa Marcelo de Santiago de Compostela, que xa conta con dous soles da guía Repsol, sitúase con este galardón entre os oito cociñeiros seleccionados polo xurado para a entrega deste reconomiento.

Deste xeito, o premio foi entregado a Pepe Rodríguez Rei, do restaurante El Bohío (Illescas-Toledo), un establecemento que conta cunha estrela da guía Michelín e dous soles da de Repsol, e a Paco Morais de Ferrero, (Bocairent, Valencia), cunha estrela de Michelín.

Entre os demais galardoados figuran Ángel León, de Aponiente (Cádiz), cunha estrela Michelín e dous soles Repsol; Ignacio Echapresto, de Venta de Moncalvillo (Daroca de Rioxa, A Rioxa), cunha estrela Michelin e un sol Repsol.

Na lista tamén están presentes 
Romain Fornell, de Caelis (Barcelona), cunha estrela Michelin e dous soles Repsol; Víctor Martín, de Trigo (Valladolid) cun sol Repsol; e Álvaro Garrido, do restaurante Mina (Bilbao)

Comentarios