sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Máis de 67.000 pensionistas galegos, o 10% do total, cobran 477 euros

La subida llegaráa 678.000 pensionistas del sistema contributivo. DP
A pensión media é de 966,47 euros

Máis de 67.000 pensionistas galegos, o 10% do total, cobran 477 euros de pensión, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE). 

O número de pensionistas galegos continúa á alza nos últimos anos. En 2019 alcanzou a cifra de 670.552 -o 50,12% son mulleres- acodes que perciben pensións contributivas da Seguridade Social, uns 3.500 máis que o anterior exercicio. Supoñen 35.000 máis que unha década antes, cun crecemento en Pontevedra que é do 9,8%, o que contrasta co lixeiro descenso en Lugo durante eses 10 anos

Pola súa banda, o 50% deles (335.276 persoas) perciben un importe medio igual ou superior a 736,34 euros. Un 25% dos homes cobra máis de 1.400 euros, mentres só o 10% das mulleres chega a esa cifra. 

A pensión media é de 966,47 euros, pero a dos homes (1.106,79 euros) é un 34% superior á das mulleres (826,81 euros). O 80% dos pensionistas teñen 65 ou máis anos. 

Por provincias, a maior parte está A Coruña (o 39,7%), seguida de Pontevedra (o 31,8%), Lugo e Ourense (con algo máis do 14% cada unha). Na Coruña e Pontevedra superan de media os 1.000 euros, mentres Ourense é a máis baixa (849,57 euros). 

O importe medio é superior nas sete cidades, ademais de na Mariña Lucense, Valdeorras, As Pontes, Bueu, Barbanza, Baiona e Cee.

Máis de 67.000 pensionistas galegos, o 10% do total, cobran 477 euros
comentarios