Máis de 50.000 firmas para que se reactive a procura dos desaparecidos do Pitanxo

Os familiares dos mariñeiros da Vila de Pitanxo impulsaron unha campaña en internet
Imagen de la petición de los familiares en Change.org
photo_camera Imagen de la petición de los familiares en Change.org

A familia do xefe de máquinas da Vila de Pitanxo, Francisco de Pazo Villanueva, impulsou este viernesr unha campaña na plataforma Change.org reclamar que se reactive a procura dos tripulantes desaparecidos en Terranova. En tan só cinco minutos xa se conseguiron 1.500 firmas, en seis horas máis de 13.000 e en dez, 36.000. á primeira hora do sábado, a petición xa fora asinada por máis de 50.000 persoas, o que demostra que a consternación dos familiares é extensible tamén ao resto da sociedade.

Con esta iniciativa reclámase que as administracións públicas traballen para seguir buscando aos doce mariñeiros que aínda se atopan en paradoiro descoñecido.

Na plataforma, Lucía de Pazo, a filla do xefe de máquinas e a encargada de pór en marcha esta petición, recorda que "o operativo de procura durou 37 horas" e, por iso, solicita que se inste a Canadá para que continúen os labores de procura, e que España participe activamente no rescate con medios propios ou alleos".

Ademais, os familiares reclaman tamén que se busquen urxentemente outras vías para que barcos, avións e os operativos de rescate necesarios sexan enviados ou subcontratados".

A petición termina cunha mensaxe no que se reflicte a súa indignación e pesar. "Os nosos pais, irmáns, fillos, maridos, teñen dereito a ser buscados, temos que axudar aos nosos familiares a volver a casa. Por favor, axúdanos asinando e reenviando".

Con estes datos e, segundo informan desde Change.org, esta petición converteuse xa nunha das máis asinadas na plataforma.

Pola súa banda, e co obxectivo de axudar a todas aquelas persoas que teñan dúbidas sobre como asinar esta petición, o Concello de Marín ofreceuse a facelo. Segundo informan na súa páxina de Facebook, os interesados deberán acudir ao concello marinense e alí explicaráselles os pasos a seguir.

Cabe destacar que outros familiares se fixeron eco desta petición. Un exemplo é o atleta olímpico Jean Marie Okutu, irmán dun dos tripulantes, que compartiu esta publicación nas súas redes sociais.