Lugo estrea dobre picada: 10.200 maiores reciben esta semana a terceira dose do covid e a da gripe

El conselleiro de Sanidade explicó que los mayores de 80 serán citados por SMS para la dosis de refuerzo y se les ofrecerá la antigripal

Centro de vacunación. BRAIS LORENZO
photo_camera Centro de vacinación. BRAIS LORENZO

Os maiores de 80 anos que non están en residencias poderán vacinarse desde este luns en Galicia contra o coronavirus e a gripe. Nesta nova fase, a responsables da área sanitaria de Lugo prevén que esta semana reciban a picada 10.200 persoas, que acudirán aos centros de saúde. Dese total, 5.850 maiores corresponden ao distrito centro, 2.400 ao da Mariña e 1.950 ao do sur da provincia.

Os maiores de 80 anos que non están en residencias poderán vacinarse desde este luns en Galicia contra o coronavirus e a gripe. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicara o mércores que esta semana comezará a ser citada a poboación maior de 80 anos a través de SMS para a dose de reforzo. Ao mesmo tempo, e unicamente a este grupo de idade, ofreceráselles porse a vacina antigripal.

Os maiores de 80 anos serán citados nos centros de atención primaria determinados por cada área sanitaria para a vacinación, como cando recibiron as anteriores doses contra o covid.

Sanidade recorda que se lles ofertará a vacina da gripe ao mesmo tempo que a dose de reforzo contra o covid porque "ambas se poden administrar á vez aínda que en lugares anatómicos diferentes".

As persoas de entre 70 e 79 anos será citadas desde mediados do próximo mes. ás persoas deste grupo non se lles darán as dúas inxeccións á vez.

Comesaña avanzou a posible reapertura dos centros de vacinación masiva para administrar a terceira dose contra o covid a menores de 80 anos logo de mediados de novembro.

O responsable do departamento autonómico explicou que para esa data xa haberá bastantes menores de 80 anos que cumpran os seis meses necesarios de cadencia entre dose, motivo polo que poden volver abrirse os centros masivos de vacinación.

"O calendario de vacinación antigripal seguirá o seu funcionamento", indicou o conselleiro respecto da campaña da gripe que comeza hoxe para maiores de 65 anos e para usuarios e traballadores de residencias.

Posteriormente, o 15 de novembro estenderase a vacinación antigripal a poboación de 60 a 65 anos, así como aos menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas e puerperio, prematuros -de seis meses a dous anos, persoal de servizos esenciais, persoal por exposición laboral -como traballadores de granxas avícolas e porcinas, e persoal de oficinas de farmacia-. O 29 de novembro o Sergas incorporará á vacinación antigripal, que se estenderá atal 31 de decembro, ao resto da poboación diana, así como aos convivientes de persoas de risco.

Para vacinarse, Sanidade habilita 900 puntos de vacinación distribuídos en centros de atención primaria e hospitalaria do Sergas; así como centros médicos e consultas privadas, residencias da terceira idade, ou centros penais, centros de menores e discapacitados.

A Consellería incide na importancia de concertar cita para a vacinación nos centros de saúde e pide que non se acuda sen ser citado. Recorda que se pode solicitar vía telefónica, a través da web do Sergas ou do propio centro de saúde.

RECORDO. A Comisión de Saúde Pública pactou a data de hoxe para empezar a dar un recordo de Pfizer á poboación xeral de máis de 70 anos que complete a pauta hai polo menos seis meses no conxunto de España.

A vacina anticovid pódese administrar á vez que calquera outra, tamén as de neumococo, difteria, tétanos e tosferina.

Comentarios