Máis de 700 raios caeron sobre a comunidade nos primeiros catro días de setembro

As zonas de montaña de Lugo e Ourense levarán este mércores a peor parte

Tormenta eléctrica producida en Vigo. SXENICK
photo_camera Tormenta eléctrica producida en Vigo. SXENICK

Galicia rexistrou 622 raios durante os primeiros tres días de setembro, segundo Meteogalicia. Ademais, este martes caeron ao redor de 100.

A humidade do aire quente desde comezos de mes e o seu contacto cunha atmosfera inestable foron o desencadenamento das tormentas eléctricas, que descargaron un número de raios "habitual". 

PREVISIÓN. Este mércores continuaremos nunha situación atmosférica de alta inestabilidade que levou a Meteogalicia a activar a alerta amarela por choivas intensas e tormentas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense. A alerta estará vixente entre as 0 horas ata as 21.00 horas. En canto a Pontevedra e Ourense, espérase tamén que rexistren no mesmo tramo horario choivas moi fortes, que puntualmente poderían alcanzar os 15l/m2.

 As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.

►Temperaturas previstas para este mércores
A Coruña         19°     23°    Ferrol              18°     23°    Lugo         17°     21°
Ourense          18°     27°    Pontevedra     17°     27°    Santiago    17°     22°
Vigo                 16°     2°

Finalmente, o xoves,  Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao norte de Azores e as baixas presións que se desprazan cara ao Mediterráneo. Así, na metade norte espéranse ceos nubrados con choivas no litoral e na metade sur os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos tormentosos á tarde na provincia de Ourense e sur da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos no sur. O vento soprará moderado do nordés.

►Temperaturas previstas para este xoves
A Coruña     17°     22°    Ferrol          17°     23°    Lugo             13°     21°
Ourense          16°     28°    Pontevedra     16°     29°    Santiago     16°     23°
Vigo          15°     29°

Comentarios