Luz verde ao ERTE de PSA Peugeot en Vigo

O expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) proposto pola dirección de PSA Peugeot Citröen en Vigo recibiu hoxe o visto e prace da comisión negociadora cos votos favorables do sindicato independente SIT e de UXT, e en contra de CC OO e CIG, informaron fontes sindicais.

A proposta definitiva reduciu a 20 días a duración do expediente e o número máximo de afectados, 816 empregados, cando en principio a dirección suxería 30 días e 3.580 traballadores. Así mesmo, contempla un complemento do salario dos traballadores afectados do 10% a partir do undécimo día de ERE ata alcanzar o 80%.

Fontes sindicais consultadas por Efe fan fincapé en que o expediente aprobado para este ano afectou a menos de 40 persoas, que foron entrando progresivamente no mesmo en canto esgotaron todas as medidas de flexibilidade previstas.

Comentarios