Un lume orixinado por unha estufa desata as alarmas nun edificio de Vigo

Outro lume calcina dúas vivendas en Petín, unha delas habitada, sen deixar persoas feridas 
Esta mañá presentouse en Vigo un novo vehiculo de bombeiros.
photo_camera Camión de Bombeiros de Vigo. ARQUIVO

Un incendio rexistrado en Vigo de madrugada deste martes provocou a alarma entre os veciños da Avenida Ramón Nieto debido aos berros de auxilio que daban os ocupantes dun edificio de dúas plantas, do que saía lume. 

Así o relataron varios testemuños do suceso, que chamaron ao 112 Galicia ao redor das 3.00 da mañá, tras o cal se pasou o aviso aos bombeiros da cidade e á Policía Local. 

Tamén se alertou ao 061, pero ninguén resultou ferido. Segundo indicaron os bombeiros, as chamas orixináronse debido a unha estufa no interior dun cuarto. 

PETÍN. Por outra banda, un incendio que comezou nunha casa en obras en Petín terminou por estenderse a outra lindeira, que si estaba habitada, ata finalmente calcinar case ao completo ambas as vivendas. Por fortuna, non houbo persoas feridas, aínda que os danos materiais foron importantes. 

Diso informa o 112 Galicia, que tamén indica que todo comezou ao redor das 5.00 horas da mañá, cando o lume alertou aos veciños do barrio de Santiago. Unha casa en reformas ardía e as chamas parecían estenderse á segunda. 

Os veciños alertaron aos voluntarios de Protección Civil de Petín, que rapidamente chamaron ao 112 para activar un operativo de extinción composto polos bombeiros de Valdeorras, polo GES desta mesma comarca e por axentes da Garda Civil. 

Aínda que ningunha persoa resultou afectada, si houbo danos materiais importantes. De feito, ardeu a vivenda en obras e boa parte da lindeira e os bombeiros continúan no punto para apagar definitivamente o incendio.