Os centros de interpretación das illas Cíes e Ons xa están abertos ao público

A Consellería do Medio Rural xa abriu ao público os centros de interpretación das illas Cíes e Ons tras pasar por varias remodelacións para actualizar os seus contidos sobre os catro arquipélagos que conforman o Parque marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, aos que se suman Sálvora e Cortegada.

En concreto, o centro de Ons conta cunha sala de usos múltiples onde se celebran cursos, charlas e proxeccións e que está a disposición de colectivos para realizar actividades relacionadas co parque previa solicitude. Ademais, dispón dunha exposición permanente que o departamento autonómico prevé ampliar coas achegas dos propios veciños, universidades e outras entidades para transmitir a paisaxe da zona, os costumes ou a vida dos insulares.

Pola súa banda, o centro de Cíes dispón dunha sala de novas proxeccións sobre o parque nacional, a súa flora, a súa fauna, a etnografía ou o medio mariño. Neste espazo tamén se desenvolven cursos de formación para dar a coñecer os valores naturais e culturais da zona.

Comentarios