Os avogados cristiáns piden seguir alimentando a Andrea e anuncian denuncias

A asociación enviou unha petición pública ao servizo de Pediatría do Chus para que "non terminen coa vida" da pequena
Los padres de la pequeña Andrea
photo_camera Los padres de la pequeña Andrea

A Asociación Española de Avogados Cristiáns pediu este martes ao hospital de Santiago, no que está ingresada Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade irreversible e para a que os seus pais piden unha morte digna, que non lle retire a alimentación e advirte de que denunciará ao centro sanitario. Esta asociación lanzou este martes unha petición pública, dirixida ao xefe de Pediatría do Hospital Universitario de Santiago, Manuel Castro, instándoo a que "non termine coa vida da pequena Andrea".

Unha petición, publicada na plataforma Change.org, que xa conta co apoio de máis de 2.700 firmas. Así mesmo, os avogados advirten de que denunciarán ao Servizo de Pediatría do hospital ao entender que retirar a alimentación a Andrea "viola o Código Penal e incumpre o Código de Deontoloxía Médica". Segundo esta asociación, quitar a gastrostomía á paciente "vai en contra da mesma razón de ser do médico, tal e como reza o artigo 36.3 do Código de Deontoloxía Médica: o médico nunca provocará intencionadamente a morte de ningún paciente, nin sequera en caso de petición expresa por parte deste".

Aseguraron que, ademais, esta actuación "podería incumprir" o tratado da Convención sobre Dereitos do Neno, xuridicamente vinculante para España, cuxo artigo 6 afirma: "Os Estados Partes recoñecen que todo neno ten o dereito intrínseco á vida. Os Estados Partes garantirán na máxima medida posible a supervivencia e o desenvolvemento do neno".

A xuízo dos avogados, o venres pasado o servizo de pediatría "tiña claro que Andrea tiña que seguir vivindo" polo que consideran que a decisión de retirarlle a alimentación obedece "á forte presión dos prol-eutanasia", segundo afirmou a presidenta da Asociación Española de Avogados Cristiáns, Polonia Castellanos. "Os informes médicos aseguran que non hai encarnizamento terapéutico e que agora Andrea non está a sufrir", dixo Castellanos quen asegurou que "provocar a súa morte por inanición e deshidratación si que é facer sufrir unha morte indigna para un ser humano".

Na mesma liña pronunciouse a plataforma Dereito a Vivir que reclamou que non se acelere nin se provoque a morte de Andrea e critica ao executivo galego por non pór todos os medios económicos, materiais e humanos ao servizo dos enfermos terminais e das súas familias para que poidan ser por persoal especializado ata o final da súa vida.

Comentarios