A lucense Susana López Abella repite como secretaria xeral de Igualdade, agora integrada na nova Conselleria de Emprego. Así o confirmou este xoves Alberto Nuñez Feijoo tras acordarse o nomeamento no Consello.
Lopez Abella (Taboada, 1967) ocupa a secretaria xeral desde 2012. Na anterior lexislatura formaba parte da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Segundo indicou o presidente da Xunta, o labor de López Abella centrarase en strong<> coordinar a loita contra a violencia machista e erradicar a brecha salarial de xénero.
Núñez Feijóo destacou que lograr un emprego é, para as mulleres vítimas de violencia machista, moitas veces a única forma de ter autonomía e romper a relación de dependencia económica que poidan manter cos agresores.
Respecto das 290 medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, o presidente galego situou no 66 % o seu cumprimento na comunidade e mostrouse convencido de que para 2022, data tope, estar a cumprir na súa totalidade.
Ademais, avanzou que a Xunta traballa nun plan integral para atender aos menores orfos por violencia machista.