Localizan no porto de Laxe o corpo do veciño de Baio desaparecido

Manuel Rodríguez faltaba desde había nove días
Manuel Rodríguez. EP
photo_camera Manuel Rodríguez. EP

O corpo sen vida do veciño de Baio –no municipio coruñés de Zas– desaparecido hai nove días do seu fogar foi recuperado do mar este domingo no porto da localidade coruñesa de Laxe, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas ao caso. 

O cadáver de Manuel Rodríguez, cuxa desaparición foi denunciada o pasado xoves 10 de decembro polos seus familiares, atopábase no interior do seu vehículo, que foi localizado no mediodía deste domingo no porto de Laxe. 

Unha vez fóra da auga, o corpo foi identificado por dous familiares de Manuel Rodríguez, de 54 anos e que fora visto por última vez o 10 de decembro ás 06,30 horas, cando saíu da súa casa para dirixirse ao seu traballo. 

Ao longo dos últimos dez días, especialmente a pasada fin de semana, un amplo dispositivo no que chegaron a empregarse máis de 50 persoas e medios aéreos e terrestres trataron de dar co paradoiro do desaparecido. 

As pescudas centráronse desde un primeiro momento no vehículo de Manuel Rodríguez, onde finalmente foi atopado o seu cadáver este domingo.