Localizan en Cee un posto ambulante rexentado por persoas que debían estar en corentena

Guardia Civil. EFE
photo_camera Garda Civil. ARQUIVO

A Garda Civil localizou este fin de semana nunha feira do municipio coruñés de Cee un posto de venda ambulante rexentado por persoas que debían permanecer en corentena e que "non respectaran as medidas establecidas polas autoridades sanitarias". 

Os axentes acudiron ao mercado, situado no centro urbano, tras ter coñecemento de que os donos dun posto de venda de produtos de alimentación poderían estar a incumprir a corentena decretada pola autoridade sanitaria. 

Unha vez alí, os implicados aceptaron pechar o negocio e cumprir as medidas médicas ditadas, colaborando cos axentes unha vez foron requiridos para o peche do posto. 

A Consellería de Sanidade foi informada os feitos por se fosen constitutivos de infracción administrativa. 

Comentarios