Localizan en bo estado ao mozo desaparecido o 27 de xullo en Ourense

O menor, que responde o nome de Mark aínda que no seu DNI figura como Elisabeth, foi atopado na capital ourensá

Aparece Mark Belmonte. TWITTER
photo_camera Aparece Mark Belmonte. TWITTER

A Policía Nacional de Ourense localizou en bo estado ao adolescente de 16 anos que desapareceu o pasado 27 de xullo "na contorna dos amigos", tras máis de vinte días sen saber do seu paradoiro.

O menor, que responde o nome de Mark aínda que no seu DNI figura como Elisabeth, foi localizado na capital ourensá, tras máis de vinte días sen que a familia tivese noticias súas.

Fontes policiais precisaron que se trata dunha desaparición "voluntaria", que non foi considerada en ningún momento "inquedante".

Por mor da desaparición do raparigo, as Forzas e Corpos de Seguridade activaron un dispositivo de procura e solicitaron a colaboración cidadá para tratar de atopar ao mozo, a quen se lle perdeu a pista despois de que acudise á casa dos seus avós.

Entón, os investigadores non descartaron que se foi voluntariamente do domicilio, ao ser este o último lugar no que se lle viu.

Comentarios