Localizan en bo estado a moza desaparecida en Abegondo

Unha nova de 28 anos que desaparecera o domingo en Abegondo foi localizada a última hora da tarde do luns en bo estado, segundo informan a Efe fontes da investigación.

A Asociación SOS Desaparecidos activou o luns a alerta de procura da muller. Unhas horas máis tarde a asociación comunicou que fora localizada.