Localizados coas coordenadas de Whatsapp dous mozos perdidos nun monte en Cangas

Os mozos atópanse en bo estado
Protección Civil. ARCHIVO
photo_camera Protección Civil. ARQUIVO

Dous mozos foron localizados en perfecto estado de saúde logo de pasar un tempo perdidos no Monte da Antena, en Cangas (Pontevedra). As coordenadas de Whatsapp que enviaron ao 112 Galicia permitiron a súa localización hora e media logo da súa chamada de alerta.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que foron os propios afectados quen contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para pedir axuda, pois descoñecían o camiño de volta logo de facer un percorrido monte arriba desde o lugar do Balcón do Rei. Iso si, explicaron que estaban ben e, mediante as indicacións dos xestores de urxencias, enviaron a súa posición mediante a aplicación móbil Whatsapp.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia informou os membros do servizo local de Protección Civil de Cangas, así como aos axentes da Policía Local e a Garda Civil.

Aproximadamente unha hora e media despois, os efectivos de Protección Civil atoparon aos mozos "en bo estado, apenas uns arañazos", sinalaron as mesmas fontes, polo que rexeitaron a asistencia sanitaria.