Linorsa entra en concurso voluntario de acredores

Os traballadores levan tempo reclamando varias mensualidades e denuncian atrasos do convenio provincial, no caso de Pontevedra

A Audiencia de Pontevedra aprobou a entrada en concurso voluntario de acredores da empresa Limpezas do Noroeste SA, Linorsa, concesionaria da limpeza en numerosos edificios públicos dependentes da Xunta, concellos e numerosos centros escolares en Galicia e tamén de Castela e León.

As traballadoras de Vigo, onde ten a súa sede Linorsa, coñeceron a noticia este mediodía, a pesar de que a declaración do concurso data do 19 de abril, un día despois de que a dirección negase que fose solicitalo, segundo detallou a Efe a secretaria comarcal de servizos da CIG, Tránsito Fernández.

Fernández expresou a "enorme preocupación" das traballadoras de Linorsa , que veñen reclamando varias mensualidades e tamén atrasos do convenio provincial, no caso de Pontevedra, e coa declaración do concurso non saben canto poderán cobrar e en que prazos.


Detallou que a débeda da empresa coa Seguridade Social só na provincia de Pontevedra ascende a 180.000 euros, ao que hai que sumar os case 2 millóns de euros que debe a Hacienda e as nóminas pendentes ás máis de 1.000 empregadas que ten contratadas.

A principios de mes, Linorsa solicitou a cesión dos servizos que presta en Vigo, tanto en dependencias municipais como en colexios públicos e escolas municipais, en favor de Mantelnor Limpezas SLU. 

Comentarios