Liberdade para o detido por atropelar a un veciño de Padrenda

Non poderá achegarse a menos de 150 metros

O home detido por atropelar a un veciño da localidade ourensá de Padrenda por unha suposta rifa quedou en liberdade coa prohibición de achegarse á vítima a menos de 150 metros tras pasar a disposición xudicial. 


Segundo informaron fontes xudiciais, o xulgado de Bande a cuxa disposición pasou este luns o arrestado decretou a súa posta en liberdade coa obrigación de comparecer os días 15 de cada mes. 

Ademais, o xulgado prohibiulle achegarse ao atropelado a menos de 150 metros, así como comunicarse con el por calquera medio, puntualizaron as mesmas fontes xudiciais. 

O xulgado mantén a causa polo momento por un delito de homicidio "intentado", tipificación que non descarta cambiar en función das pescudas.

FEITOS 
O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo ás 20,00 horas deste domingo a J.N.F., de 57 anos de idade e veciño de Formarigo, en Padrenda, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio. 

O home foi arrestado tras atropelar co seu vehículo a un veciño de Agra, no mesmo municipio de Padrenda, de 46 anos, ao que lle causou lesións en mans custado esquerdo e cabeza, debido ao que foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). 

A investigación apunta a unha posible rifa como causa do atropelo desta persoa. 

Comentarios