Liberan en Cuntis un neno cuxa cabeza quedou atrapada entre barrotes

Efectivos de Protección Civil de Cuntis (Pontevedra) liberaron onte a un neno cuxa cabeza quedou atrapada entre os barrotes da reixa dun xardín, informaron fontes do 112.

Para liberar a cabeza do neno, que resultou ileso, tiveron que cortar un dos dous barrotes entre os que quedara atrapado, no xardín traseiro do balneario de Cuntis.

Tras recibir a alerta de Protección Civil ás 19.12 horas deste luns, o centro de atención de urxencias de Galicia mobilizou á Policía Local de Cuntis.

Por outra banda, tamén Un neno, de 6 anos, foi rescatado antonte polos bombeiros da Coruña tras quedar atrapado por unha man nunha atracción infantil. Este incidente ocorreu sobre as 17.30 horas nun local de animación infantil na zona da Sacra Familia.

Ao chegar ao lugar, os axentes requiriron a presenza dos bombeiros para asistir ao neno, que, unha vez liberado, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Modelo para un recoñecemento máis minucioso por se tivese algunha lesión.

Comentarios