martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Libera acusa á Xunta "de esquecerse" de "600.000 cans no toque de queda"

O fuciño dun can. PIXABAY
O fuciño dun can. PIXABAY
A asociación animalista alerta da imposibilidade dos "paseos por motivos fisiolóxicos ou etolóxicos" coa nova orde

A Asociación Animalista Libera reclamou unha rectificación urxente á Consellería de Sanidade para permitir o paseo de animais durante o denominado toque de queda na comunidade, "non relegando as necesidades fisiolóxicas e etolóxicas de miles de canes a unha conduta prohibida".

Desde a asociación apuntan a cuestións "comportamentales" nos animais, e a motivos de "conciliación" por parte da familia propietaria, como principais exemplos da necesidade de flexibilizar os horarios e a norma sanitaria neste aspecto.

Así, apuntan que "a postura da Xunta ignora de forma deliberada estes contextos, por exemplo a recuperación de animais que sufriron graves actos de malos tratos, que foron abandonados ou que experimentan terror cara a terceiras persoas, polo que o seu paseo debe tratar de evitar os factores sinalados".

"O número de cans identificados con microchip supera xa os 600.000, ao que habería que sumar aqueles que non están debidamente identificados a pesar de ser obrigatorio, polo que a medida restritiva sobre os paseos afecta a miles de familias galegas. Estímase que entre o 40 e o 45% dos fogares da comunidade convive con algún animal, na súa inmensa maioría cánidos", afirman.

Libera acusa á Xunta "de esquecerse" de "600.000 cans no toque de...
comentarios