Leticia Vilar, presidenta do consello da CRTVG

A que foi responsable de prensa da Deputación Provincial de Lugo presidirá o ente os próximos seis meses
Leticia Vilar
photo_camera Leticia Vilar

A xornalista coruñesa Leticia Vilar Pumares é a nova presidenta do consello de administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Trátase dun cargo rotatorio e por seis meses no que toma a remuda da tamén xornalista Ana Isabel Peón Piñeiro.

Leticia Vilar foi xefa de prensa da Deputación de Lugo e estreita colaboradora de José Ramón Gómez Besteiro tanto na súa etapa á fronte do ente provincial como do PSdeG. 

En agosto de 2015, o Parlamento galego elixiu os novos membros do consello de administración de CRTVG, que son: Xosé Antón García Ferreiro e Leticia Vilar Pumares, a proposta do PSdeG, e Luis de la Matta, Higinio Meijide Gómez, Ana I. Peón Piñeiro e Beatriz Soler Vázquez, propostos polo PPdeG.

Comentarios