Leiceaga ve ao PSdeG coa "maquinaria engrasada" para afrontar as autonómicas

O candidato socialista á presidencia da Xunta asegura que os socialistas encamíñanse cara estes comicios con "optimismo" tras os resultados do PSOE nas xerais, que cualifica de "razoablemente bos"

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou que o PSdeG está "moi activado" e coa "maquinaria engrasada" para afrontar as eleccións autonómicas na data que o presidente do Goberno galego e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, as decida".

Así se pronunciou este domingo durante un acto no Carballiño, onde asegurou que os socialistas se encamiñan cara a estes comicios con "optimismo" tras os resultados do PSOE nas pasadas eleccións xerais que, na súa opinión, foron "razoablemente bos". "Permítennos recuperar unha tendencia ascendente", sinalou ante de apuntar que aumentaron os votos naqueles lugares onde tiñan máis necesidade, como "as áreas urbanas" e recuperaron unha "segunda posición" que configura ao PSdeG como "alternativa progresista ao PP en Galicia".

PROGRAMA. Na súa intervención, Leiceaga avanzou tamén que os socialistas galegos esperan ter en "menos de dúas semanas" o primeiro borrador do seu programa "pechado" para, "a partir de aí", iniciar "unha difusión dos principais aspectos do programa con distintas asociacións para darlle o seu perfil definitivo".

Para rematar, destacou que, ao longo de xullo e agosto, os socialistas galegos manterán "moitos contactos" para "intentar coñecer de primeira man os problemas que teñen a xente" e "incorporalos" á súa oferta política a continuación.

Comentarios