As familias seguen as pegadas do crime do Cash Récord 21 anos despois

Concentración conmemorativa ante os xulgados de Lugo para reclamar que non cese a investigación do dobre asasinato, a pesar da prescrición

As familias de Elena López e Esteban Carballedo levaron a cabo este 30 de abril un acto reivindicativo ante os xulgados de Lugo para reclamar o esclarecemento do crime do Cash Récord do Ceao, ocorrido o 30 de abril de fai 21 anos.

Os concentrados depositaron papeis no chan, debuxando pisadas, a modo de pegadas, para reclamar xustiza para as vítimas deste dobre asasinato. O crime xa está prescrito, pero as familias queren que non cese a investigación. Ademais de deixar flores no chan, colocaron uns pés de granito.

As familias tamén levaron a súa mobilización deste día aos pés da muralla.

Comentarios