O ladrón do Códice, grave tras sufrir un derrame cerebral no cárcere

Atópase ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro

Manuel Fernández Castiñeiras. AEP
photo_camera Manuel Fernández Castiñeiras. AEP

O ladrón do Códice Calixtino, Manuel Fernández Castiñeiras, atópase hospitalizado no Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir un derrame cerebral no cárcere da Lama, onde cumpre unha condena de once anos. O seu estado é grave e permanece na UCI. De feito, segundo precisa El Correo Gallego, ingresou nun primeiro momento no Montecelo de Pontevedra, pero ao comprobar que a súa condición era crítica foi derivado ao complexo da cidade olívica.

O exelectricista da catedral de Santiago xa padecera un ictus en 2004 e utilizou esta doenza no xuízo para intentar alegar que non recordaba roubar no templo compostelán.

Actualmente o ladrón do Códice atópase internado no pavillón 6 do penal da Lama, pero goza xa de permisos penais e ten solicitado o terceiro grao, pendente de resolución xudicial.

comentarios