A Xunta e a Federación Galega de Comercio fomentan a vía electrónica

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe en Lugo un convenio de colaboración de 500.000 euros para a dinamización das vendas e a incorporación das novas tecnoloxías e o comercio electrónico.

A Xunta de Galicia achega 459.000 euros, 9.000 euros máis que o ano pasado, mentres que a Federación asume os 41.000 euros restantes co obxectivo de reforzar a "competitividade" no sector. As actuacións contemplan a posta en marcha de iniciativas de dinamización do consumo nas vilas galegas e a implantación das novas tecnoloxías para a fidelización de clientes e a potenciación do comercio electrónico.

O convenio ten unha segunda vertente relacionada co emprendemento, concretamente co asesoramento a novos empresarios a través dun gabinete técnico con información especializada.

A Xunta enmarca esta acción na estratexia específica de apoio ao sector do comercio, "dentro do cal se activaron programas de apoio por máis de 6,5 millóns de euros no que vai de ano".

Comentarios