A Xunta atrasa ata xuño a suba do canon do tratamento de residuos

A Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron atrasar a xullo a suba do canon polo tratamento de residuos, un aumento que en principio se expuxo para o próximo mes de xaneiro.

Este incremento na tarifa que se cobra aos 296 concellos adheridos a Sogama, e que tras o seu anuncio creou unha forte oposición entre os diferentes alcaldes, obedece, segundo expuxo sempre o Goberno galego, a un criterio de "necesidade", non de oportunidade, e tamén á obrigación de ser viable.

Os ingresos da empresa pública proceden da tarifa que se cobra aos municipios e da enerxía que se xera pola incineración, pero o novo marco legal para o sector eléctrico do Executivo de Mariano Rajoy mingua en 13 millóns os ingresos anuais por este concepto e neste contexto situouse desde o inicio a medida a adoptar.

O presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, dixo hoxe en declaracións aos informadores que se logrou que a aplicación sexa gradual e, aínda que cualificou este adiamento de paliativo, remarcou que é un "avance moi importante" posto que o impacto en 2014 reducirase a un 17%, a metade do previsto.

O vicepresidente executivo da Fegamp e alcalde do Barco, Afonso Villares, subliñou que con esta demora "gañamos todos" e demóstrase a utilidade da Fegamp, xa que se conseguiu que se pague a metade do que estaba previsto" para o próximo exercicio.

O conselleiro Agustín Hernández apuntou que a Xunta non vía viable a "subida en chanzos" que propuña a Fegamp pero si atrasar a data de inicio se esta entidade prestábase "a conformidade".

Con todo, indicou que este atraso significará unha diminución dos ingresos pactados con Sogama polo que a finais de 2014 será necesario reformular a subida en función de como incide a reforma do sector eléctrico unha vez estea pechada do todo.

"O plan financeiro é consecuencia deste cambio a nivel de Estado", argumentou Hernández, e puntualizou que a reformulación non se pode "predicir agora" sen os resultados da empresa, así que "a partir de 2015 analizaremos", concluíu.

Sen embargo, indicou que esta demora significará unha dimiución dos ingresos pactados con Sogama por lo que a finales de 2014 será necesario reformular a suba en función de cómo incida a reforma do sector eléctrico unha vez esté cerrada.

Fegamp e Xunta tamén acordaron crear un grupo de traballo entre ambas e Sogama para estudar, planificar e decidir que modelo vai a seguir "este país cos residuos, porque así damos aos alcaldes a posibilidade de que participen na la definición e é importante", apuntou o conselleiro.

Comentarios