A Xunta mantén os 4.1 millóns de euros para a axuda ao desenvolvemento

O orzamento inclúe 36 proxectos de cooperación e unha "liña financeira" para urxencias humanitarias, no caso de que se produza un chamamento internacional

A Xunta anunciou este domingo que este ano dedicará un orzamento de axuda ao desenvolvemento de 4.1 millóns de euros, un monto que se mantén desde hai varios anos.

O orzamento inclúe diñeiro para 36 proxectos de cooperación, ademais de "manter unha liña financeira para axuda humanitaria ou de urxencia que garanta que en 2016 a Xunta poida responder cando se produza un chamamento internacional por catástrofe ou crise humanitaria", segundo a Xunta.

Galicia figura entre as comunidades españolas que menos fondos dedica a labores de cooperación ao desenvolvemento, segundo a rede de coordinadoras autonómicas de ONG.

Comentarios