A Xunta instala bolardos no corredor Brión-Noia

A Xunta instalou bolardos entre carriis no corredor Brión-Noia que marcan o sentido da marcha. Esta solución busca que os condutores se conciencien sobre o feito de que circulan por unha vía de dobre sentido, para que adapten a súa condución e a velocidade a esa circunstancia.

As balizas cilíndricas están instaladas cada 50 metros nas zonas onde non están permitidos os adiantamentos. Marcan o eixo da estrada, facendo un efecto de estreitamento que se pretende que leve a unha redución da velocidade.

Os bolardos chegan despois de que se producise un tráxico accidente no corredor no que morreron catro persoas de Noia a mediados de novembro. Tamén se pretende reforzar a sinalización vertical. A Xunta asegura que tamén se tomarán estas medidas noutros viarios de Galicia, naqueles que consideren necesario polo volume do tráfico ou a sinistralidade rexistrada.

En Galicia existen 19 vías autonómicas de altas prestacións con calzada única, que ofrecen unhas condicións máis seguras para os seus desprazamentos, recorda a Xunta, e que no seu conxunto rexistran índices de sinistralidade inferiores á media do conxunto da rede autonómica de estradas.

Comentarios