A Xunta impulsa proxecto experimental para obter enerxía das ondas do mar

A Xunta está a impulsar un proxecto experimental para a creación de enerxía renovable a partir das ondas do mar.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou a mañá do venres o prototipo en forma de aboia, fondeada desde o pasado mes de xullo na ría de Ares, co que se pretende producir 1 millón de Mw/h, enerxía suficiente para abastecer a 300 familias durante un ano. "Galicia presenta un elevado potencial no campo da enerxía undimotriz e o seu aproveitamento é unha das posibles opcións para alcanzar un incremento significativo das enerxías renovables nas próximas décadas", afirmou Guerra durante a visita.

O responsable de Industria anunciou ademais que a Xunta impulsa a elaboración e aprobación dunha norma reguladora desta actividade, que converta a Galicia na primeira comunidade autónoma e España en aprobar un texto destas características. "Queremos situar a Galicia á vangarda da enerxía undimotriz", subliñou neste sentido.

Este proxecto está pensado como un primeiro paso para un plan para estudar as posibilidades deste sector na comunidade.

Comentarios