A Xunta atribúe a un ''ataque informático'' a caída da súa web

Así reza un dos chíos de desculpa que a Xunta de Galicia lanzou esta tarde para advertir os usuarios da súa páxina web de que esta se atopaba inoperativa.

Aqueles que ao longo desta tarde de venres intentaron realizar algunha xestión a través do portal de Goberno galego, atopáronse unha mensaxe de erro.

Ao parecer, este problema estaría centrado en parcelas internas do seu servidor, dado que algúns dos seus correos electrónicos tampouco estarían a funcionar correctamente, segundo diversos medios, nin tampouco algunhas das webs das diferentes consellerías.

Comentarios