A Xunta aproba o texto legal para devolver o complemento da paga correspondente a 2013

O primeiro pago do complemento será reembolsado "de forma inmediata" en canto se aprobe a lei na Cámara autonómica e entre en vigor
Feijóo, a la salida del Consello da Xunta
photo_camera Feijóo, a la salida del Consello da Xunta

O Goberno galego deu este xoves o visto e prace ao texto legal, que será remitido ao Parlamento, para devolver o complemento específico dos empregados públicos correspondente ao ano 2013.


O primeiro pago do complemento, indicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do Executivo autonómico, será reembolsado "de forma inmediata" en canto se aprobe a lei na Cámara autonómica e entre en vigor.

A Xunta e os sindicatos de Función Pública -fóra da CIG- chegaron a este acordo a pasada semana e beneficiará a todos os empregados públicos autonómicos e estenderase, ademais, ao persoal universitario e ao de educación concertada.

O pago total sería de 180 euros de media, indicou o presidente galego, que sinalou que o próximo mes de setembro os empregados públicos galegos recibirán, ademais, o 25% restante da paga extra de decembro de 2012 suprimida polo Goberno.

A esta medida, continuou, súmase o adianto ao 1 de xaneiro do próximo ano -un ano sobre a data prevista- do cobro total do complemento específico nas nóminas dos empregados públicos.

Agradeceu o esforzo destes traballadores "que puxeron parte dos seus salarios a disposición dos servizos públicos".

PLAN FORESTAL. O Consello da Xunta deu ademais, o visto e prace á revisión e actualización do plan forestal de Galicia, a un plan contra os danos causados polo xabaril, así como á ampliación da rede galega de atención temperá e á liña de axudas para a posta en marcha de 451 prazas de escolas infantís en polígonos industriais. 

Comentarios