A sociedade de historia natural alerta que a fumigación con 'flufenoxuron' non é legal

A Sociedade galega de historia natural (Sghn) advertiu hoxe á Consellería do Medio Rural que o uso da sustancia activa flufenoxuron para a fumigación de eucaliptos contra a praga de gonipterus scutellatus non está autorizada na Unión Europea desde o 2008.

Asegura ademais, nun comunicado de prensa, que non existen insecticidas específicos para combater o gonipterus scutellatus, polo que de empregarse algún xenérico como o
flufenoxuron  afectaría a todos os insectos con efectos variaría en función da resistencia química de cada especie ou poboación.

A Sghn tamén cre que o insecticida causaría enormes danos sobre a poboación de artrópodos en xeral, incluíndo insectos como as abellas.

Afirma, ademais, que "nin entende nin comparte" a campaña de fumigación cunha sustancia non empregada masivamente con anterioridade que considera contraproducente para a campaña de loita biolóxica con
anaphes nitens.

Para rematar, insiste en que a Consellería de Medio Rural debería comunicar o Concello de Melide que as fumigaciones "non poden ser obrigatorias" e reclama que a loita contra o gonipterus fágase exclusivamente con prácticas similares a campañas anteriores.

Tamén a Asociación galega de apicultores rexeitou as fumigacións con este produto porque advirte dos danos que podería xerar ás colonias de abellas.

Comentarios