jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

A noite de San Xoán deixa 41 intoxicados e 11 queimados nas fogueiras

A celebración da Noite de San Xoán saldouse con 41 persoas intoxicadas por alcol e drogas e 11 queimadas nas tradicionais fogueiras, que foron atendidas polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia.

Por provincias, A Coruña rexistrou o maior número de atencións, con 23 intoxicados por alcol e drogas; así como a seis feridos por queimaduras nas fogueiras realizadas nos distintos barrios e na praia de Riazor, onde ardeu a tradicional falla.

Por detrás situáronse de Pontevedra, con 16 intoxicados por alcol e drogas e tres queimados; e Lugo, con dous intoxicados e dous queimados.

En canto ás intoxicacións, 16 dos afectados non necesitaron ser trasladados a un centro médico. Dos queimados, só cinco foron trasladados a un hospital.

Dous evacuados en Ons
Ademais, dúas persoas tiveron que ser evacuada a madrugada do mércores da pontevedresa Illa de Ons, tras sufrir queimaduras mentres celebraba a noite de San Xoán.

Foi un particular quen avisou ao 112 de que un dos feridos, que sufría queimaduras nunha man, necesitaba asistencia médica, polo que o servizo de Urxencias púxose en contacto con Salvamento Marítimo de Fisterra.

Finalmente, o Salvamar Mirax, con base no porto de Cangas, foi o encargado de trasladar aos feridos ata o porto desta localidade pontevedresa para que recibisen a pertinente atención médica.

Un dos feridos foi atendido no punto, mentres que o outro foi trasladado a un centro médico.

A noite de San Xoán deixa 41 intoxicados e 11 queimados nas fogueiras
comentarios