A metade dos preferentistas de Lugo recuperaron o seu diñeiro mediante arbitraxe

Uns 4.500 aforradores, a metade dos afectados en Lugo pola trama de investimentos en participacións preferentes, recuperaron o diñeiro investido mediante a arbitraxe, segundo informou hoxe o portavoz da plataforma asociativa de afectados, Javier Novo.

Na súa opinión, "falta outra tanta xente que merece ter a mesma solución que os outros" polo que instou a Novagalicia Banco a reabrir esa vía.

Do total de afectados, a entidade bancaria recoñeceu a dous dos damnificados como "investidores", segundo Novo.

"Isto é unha incongruencia en todo o proceso, co que non estamos de acordo", posto que admite que todos os demais afectados eran aforradores.

Por iso, "imos seguir presionando para que se volva a abrir esta vía", comentou Novo, quen denunciou, ademais a actitude das autoridades cara ás asociacións de afectados.

"Estase criminalizando" ás plataformas de afectados, dixo Novo, e lamentou que "algunha reciba multas desde hai tempo por parte do Ministerio do Interior".

"Son multas ilóxicas de todo, son sancións por non levar o cinto cando estaba o coche aparcado ou de falar por teléfono cando estaba tamén estacionado. Isto sucede ás plataformas do Baixo Miño e a outras como Santiago e A Coruña", relatou.

Comentarios