sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

A Xunta electoral desestima o recurso do BNG de Santiago porque ''carece de competencias''

A Xunta Electoral de Santiago de Compostela desestimou aducindo carencia de competencias o recurso presentado polo BNG en relación co resultado en sete mesas electorais da cidade de Santiago durante as eleccións municipais do pasado domingo. Segundo fontes da organización nacionalista, nun prazo de corenta e oito horas o recurso ten que ser resolto pola Xunta Electoral Central.

O BNG presentou unha reclamación contra a acta do escrutinio xeral emitida pola Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela. Nun comunicado difundido o xoves, a organización política afirmaba que as irregularidades son demostrables e figuran nas incidencias das mesas electorais e da sesión do escrutinio xeral, e non é posible determinar a que formación ían dirixidos os votos introducidos irregularmente.

Na reclamación sinálase que houbo irregularidades que afectaron o proceso de votacións, chegando, dunha análise conxunta de todas elas, á convicción racional de que o resultado final das eleccións quedou afectado e viciado".

A xuízo desta forza política, "para respectar a vontade dun modo fidedigno", a única opción que poden acordar as Xuntas Electorais é a de anular os resultados desas mesas, co que o resultado na atribución de concelleiras en Santiago sería diferente.

Na reclamación solicítase que se declare na acta do escrutinio xeral que a suma final de votos para o BNG sexa de 6.371, así como a declaración de nulidade de 6 votos ao PP, quedando ou número total desta formación en 20.753 votos.

A Xunta electoral desestima o recurso do BNG de Santiago porque...
Comentarios