O investimento do Estado en Galicia cae un 32% nos PGE de 2017

A comunidade recibirá 924 millóns, fronte aos 1.363 das contas de 2016, e cae desde o terceiro ao quinto lugar
Montoro le entrega el proyecto de presupuestos a Ana Pastor
photo_camera Montoro le entrega el proyecto de presupuestos a Ana Pastor

Galicia, quinta comunidade en investimento territorializado, recibe 924,64 millóns segundo o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 presentados este martes no Congreso. O ano pasado as contas reflectían 1.363 millóns para a comunidade. A rebaixa é do 32% e supón unha perda de peso específico, ao pasar do terceiro ao quinto territorio en investimento.

O investimento territorializado que prevé realizar o Goberno este ano descende en todas as comunidades autónomas incluída Cataluña pero coa única excepción de Canarias, que de entrada recibe case oito millóns máis que en 2016.

Andalucía e Cataluña encabezan por esta orde o investimento por territorios, ao representar o 13,5 e 13,4 por cento do total, seguidas por Madrid, co 11,7, e Castela e León, co 11,5 por cento. Entre as catro absorben a metade do total nacional.

Comentarios