A Garda Civil detén a un home por agresión a un axente

A Garda Civil imputou a un home de 75 anos de idade por un delito de incendio forestal nun monte veciñal da parroquia de Pereiro, no municipio de Bande. Previamente detiveran ao home despois de que agredise a un axente e lle causase lesións nunha man ao ir declarar como testemuña do mesmo lume.

O detido acudiu voluntariamente ao Cuartel da Garda Civil para declarar como testemuña dun incendio forestal. Segundo informou a Garda Civil de Ourense o home, veciño da parroquia de Pereira, no termo municipal de Bande, agrediu ao baixarse do vehículo a un axente causándolle lesións leves nunha man. Os axentes inmediatamente procederon á súa detención como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade.

Posteriormente, a Garda Civil tomou declaración ao autor dos feitos e determinou imputalo polo delito de incendio . O caso está en mans do Xulgado de Instrución de Bande.

Comentarios