A Fiscalía solicita a imputación do rexedor de Ourense e do candidato socialista á alcaldía

A petición faise extensible a toda a xunta de goberno que en 2013 acordou o nomeamento de Rodríguez Dacosta como directora de recursos humanos

A campaña socialista en Ourense enfróntase a un revés tras solicitar o fiscal xefe de Ourense a imputación de todos os membros da xunta de Goberno do Concello que en 2013 aprobou o nomeamento de Carmen Rodríguez Dacosta como directora xeneral de recursos humanos. Deste xeito, a petición do ministerio fiscal afecta o alcalde, Agustín Fernández, á tenente de alcalde Marga Martín, á edil Ana Garrido, á que foi concelleira Áurea Soto -dimitida pola súa imputación noutra causa-, ao tamén exedil José Carlos Martínez-Pedrayo, e ao portavoz do goberno local, José Ángel Vázquez Barqueiro, que é tamén o alcaldable dos socialistas.

Ademais, Rodríguez Dacosta é o número dous da lista e a secretaria xeral do partido na cidade. Cabe recordar que o seu polémico nomeamento foi anulado pola vía contencioso-administrativa.

Comentarios