A Fegamp reclama que os afectados non se vexan prexudicados polas quitas

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias aprobou hoxe unha moción na que pide que non se lle apliquen quitas ás vítimas das participacións preferentes e subordinadas.

O organismo de representación municipal, nun comunicado, indica que os tres grupos políticos que integran esta Executiva (PP, PSOE e BNG) acordaron instar ao FROB, ao Banco de España, ao Ministerio de Economía, á Comisión Europea a que non apliquen ningún tipo de quita a estes afectados.
 
Tamén chegaron a un acordo para solicitar que se siga incidindo na necesidade de que se manteña a vía da arbitraxe como mecanismo para que os afectados poidan recuperar os seus aforros. 
 
 

Comentarios