A disolución de sociedades en Galicia cae en abril un 34,5%

A variación anual do número de sociedades mercantís disoltas en Galicia diminuíu en abril nun 34,5 por cento, fronte á media española do -26,4 por cento.

Segundo a Estatística de Sociedades Mercantís (SM) do Instituto Nacional de Estadística (INE), no mes de referencia disolvéronse 93 sociedades e creáronse 363, cunha taxa de variación anual destas dun -12,1 por cento, aínda que a media estatal é de -5,7 por cento.

En canto ás sociedades creadas, as 363 apuntadas subscribiron e desembolsaron un capital de 11,3 millóns de euros. Delas, só unha era Sociedade Anónima, que foi creada cun capital de 60.000 euros, mentres que o resto foron Sociedades Limitadas, que subscribiron e desembolsaron 11,27 millóns.

Ademais, 130 sociedades ampliaron capital por 45,3 millóns de euros.

Comentarios