A Deputación financiará conexións desde Peinador a Valencia, Palma e Eivissa

A institución provincial achegará 736.000 euros, a totalidade do concurso, co fin de promocionar a cidade olívica como destino turístico
Carmela Silva y Abel Caballero, en una imagen de archivo
photo_camera Carmela Silva y Abel Caballero, en una imagen de archivo

O Concello de Vigo aprobará este venres un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, que preside a tenente de alcalde viguesa Carmela Silva, para a convocatoria dun concurso público para tres liñas aéreas desde Peinador (Valencia, Palma de Mallorca e Eivissa), e que o organismo provincial financiará con 736.000 euros.

Así o confirmou este xoves o alcalde olívico, Abel Caballero, en declaracións aos medios, e explicou que este acordo estará vixente ata 2019. A finalidade do concurso público, que licita o Concello pero que financia a Deputación na súa totalidade, é a promoción da cidade olívica como destino turístico.

Segundo sinalou o rexedor, o goberno local pretende consolidar destinos na terminal de Peinador con prezos alcanzables; e as liñas apoiadas pola Deputación súmanse ás que xa operan desde Vigo, con apoio municipal.

Caballero subliñou que este convenio "sinala unha nova etapa" na administración provincial, xa que agora presta apoio económico ao aeroporto. "É unha suma de esforzos para sacr adiante Peinador, eu querería que a Xunta fixese algo así, pero non a vexo apoiando o aeroporto", engadiu.

Comentarios