A dimisión de Iolanda Pérez agrava a crise de Anova

Iolanda Pérez Docampo, la primera por la izquierda, al lado de Carmen Iglesias Sueiro y David Calviño, durante la campaña electoral (AEP)
photo_camera Iolanda Pérez Docampo, la primera por la izquierda, al lado de Carmen Iglesias Sueiro y David Calviño, durante la campaña electoral (AEP)

A renuncia do membro da dirección permanente de Anova, Iolanda Pérez Docampo, leva a un resultado de seis baixas no órgano de dirección da formación nacionalista.

A carta da, ata o momento responsable de Acción Feminista, enviada á dirección é un chamamento á superación dos vellos vicios na política ''herdados do BNG e o PSG''. Pérez menciona as expulsións de varios militantes en Redondela e táchaas de ''innecesarias''.

Arremete tamén contra a xestión da baixa do ex deputado de Anova David Fernández e defínea como ''máximo esperpento''. Dedica unhas liñas a Carmen Igrexas Sueiro, a deputada de EU que entrou en substitución de Fernández. Afirma que o número un de Ourense, consultou ''toda e cada unha das decisións deste proceso, dándoselle luz verde para continuar coa renuncia, garantíndoselle a substitución nos termos acordados no pacto de AGE''. Pérez subliña que Carmen Igrexas era ''perfectamente coñecedora (do pacto) ao participar nas negociacións previas á constitución da coalición''.

Por outra banda, a nacionalista sostén que a Martiño Noriega ''dificultóuselle a súa tarefa orgánica desde o seu nomeamento'' e que este feito obrígaa ''a sumarse á súa decisión''.

Pérez tamén acusa á facción de Anova encabezada polo sector de Luis Eyré e Mario López Rico de ''excluír da dirección da organización'' a alcades como David Rodríguez (Manzaneda), deputados como David Fernández ou ''referentes nos movementos sociais'' como Raúl Asegurado.

Comentarios